APOIA O MANIFESTO CONTRA A MARXINACIÓN DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
SÚMATE A NÓS !!!
Ligazón á Web do Manifesto contra a Marxinación do Galego.
Como galegas e galegos, temos o deber de conservar o patrimonio cultural que nos legaron os nosos devanceiros.
É por iso que, a nivel individual ou colectivo, solicitámosche que subscribas o Manifesto para esixir dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:
1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.
Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.
Ligazón para Asinar o Manifesto.