V día da Ciencia en Galego. Exposición e concursos de Sensores : uso dos sensores na clase, na ciencia e na arte.

 

V día da Ciencia en Galego

O V día da Ciencia en Galego, este ano, desde Igaciencia, dedicámolo á Física, a impartir a Física en Galego, a recoñecer a importantísimos científicos da Física mundial, como Newton, e dar a coñecer a un Físico e matemático galego, Xosé Rodríguez, que interveu na medida das dimensións da Terra, traballou con Arago nas Baleares, facilitándolle a fuga da prisión de Mallorca e detectou algúns erros nos cálculos sobre esas medidas.

A temática do día da Ciencia en Galego, nas propostas que facemos, vai tratar dos sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación... e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte. Por unha banda os concursos xirarán ao redor desas medidas, facendo programas en inventor (unha linguaxe sinxela de programación en Android) nun concurso que chamaremos Inventa en galego, ademais doutro de Sensores de montaxes con robots NXT ou placas Arduino que sintan o contorno e interactúen con el. Para os pequenos, experimentos sinxelos de Física.

Actividades neste ano:

----No III Congreso de software Libre para Educación tratamos o tema de sensores (1 e 2 de xullo de 2014)

Algunhas propostas: Sensores con Arduino, Processing e Opart: Bridget Riley en Processing, Processing e Kinect, Os sensores de Android e App Inventor 2: GPS, acelerómetro, orientación, etc...

---- Exposición na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo en novembro (do 30 do outubro ao 27 de novembro) con obradoiro "Sensores" do 17 ao 21 de novembro de 2014.

Nome da exposición: Sensores

Con dous apartados:

 1-Sensores e Ciencia. Recibindo, polas mañás, no Obradoiro "SENSORES" do día 17 ao 21 de novembro de 2014, aos centros educativos que farán en dúas fases a aprendizaxe de medidas de diversos sensores e establecemento de leis físicas. Primeiro aprendendo a manexar os robots NXT para estes cometidos. Despois realizando unhas dez experiencias de datalogging ou captura de datos. O tema da Robótica e os seus sensores é un tema complementario da robótica en xeral que xa tratamos no VI Concurso Galego de Robótica, cun gran éxito e desfrute dos rapaces. Fronte a outras maneiras de ver o ensino (materias illadas entre si e coa vida real) propoñemos nesta actividade que se impliquen todas as ciencias STEM (Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos (son, temperatura, humidade, distancia...), Tecnoloxía, pois os aparatos son propios da clase de tecnoloxía, ainda que se empreguen noutras clases e incluso na Arte.

 http://www.igaciencia.eu/?q=taxonomy/term/9).

2 A Arte dos sensores ou sensores con Arte

Presentarase un novo tipo de Arte moderna que interactúa co espectador, non só estilo Vasarely ou Escher no que a mente do usuario pon unha parte da sensación artística, senón que é o espectador, as súas accións, posicións, e movementos das mans, distancia, sons e palabras que produce modificacións na obra artística dando lugar a evolucións das obras (obras en principio cinéticas, que evolucionan co tempo, como se trataba na exposición do Grand Palais de París deste xuño pasado "Dynamo. Un siècle de lumière et de mouvement dans l'art 1913-2013. Grand Palais. París")

Adaptaremos e empregaremos para esta finalidade ferramentas e aparatos de recente creación, nacidos para xogar como o Kinect do Xbox, ou para facer tecnoloxía como o Arduino. E, como non, os mesmos móbiles dos asistentes.

Programados con linguaxes de programación artísticos como Processing ou Pure Data, linguaxes moi recentes e que se explican en cursos do CGAC, Lab-Media, MediaLab-Prado, MediaLab-USAL, etc e son utilizados polos novos artistas.

Esta exposición non pretendemos que sexa exhaustiva, senón que teña só unhas cantas obras desta tendencia do uso da tecnoloxía na Arte. Convidamos a participar a artistas galegos destas tendencias.

Obradoiro "SENSORES" do día 17 ao 21 de novembro de 2014, dentro da Exposición, en Lugo. Os centros poden solicitar a asistencia dos seus alumnos Hai 15 prazas de dúas horas e media para os centros que soliciten estes obradoiros entre eses dous días. Algúns dos exemplos que realizaremos serán do mesmo tipo que as exemplificacións que describimos aquí. Fundalmentalmente, con Lego.

Por último, para completar esa exposición, a Facultade de Ciencias de Lugo, da Universidade de Santiago, poñería algúns exemplos de materiais ou aparatos tipo sensor que non utilicen, acompañados dunha breve explicación.

----Concursos do día da Ciencia en Galego (sobre os autores, sobre experiencias de Física) ademais de Inventa en Galego e Sensores para todos de Igaciencia

----Actividades de divulgación da Facultade de Físicas de Santiago. Exposición de sensores da Facultade, demostracións en portas abertas de experiencias e experimentos físicos...