Aínda máis premios polo día da Ciencia en Galego

Premios. Todos os que estades a facer actividades do día da ciencia en galego e as querades comentar por correo a secretaria (arroba) igaciencia.org poderiades recibir un agasallo dun libro galego o día 4 de novembro, despois da videoconferencia de Liz Marzán, cunha única condición adicional: asistir a ese acto para recoller o libro ou enviar a alguén a recollelo a ese acto. Ademais naturalmente de enviar ese correo antes do día 3 ás 10 da mañán, para poder preparar esa entrega de premios.

Idem para os participantes dos concursos de sensores e inventa en galego previamente apuntados . Se enviades un correo dicindo que alguén irá a recoller o premio en Lugo sobre as 13 horas, na video conferencia, reservarémosvos un libro.