Editatón do Día da Ciencia en Galego

https://www.facebook.com/events/588601941285269/?unit_ref=related_events

Sábado, 8 de Novembro dende as 10:30 ata as 18:30

Vindeira semana · 13ºC / 7ºC Posibilidades de choiva

Biblioteca Intercentros 27002 Lugo

Por primeira vez en Galicia!

Por primeira vez en galego!

Vas ter a oportunidade de xuntarte con outras persoas (ou de participares desde a casa, se prefires) para mellorar os contidos da Galipedia en relación cos temas e persoeiros aos que se lles dedicou o Día da Ciencia en Galego, nalgunha das súas cinco edicións. E de rebote, poderás entender mellor como se desenvolve o proxecto da Galipedia e como se editan as súas páxinas, saber qué ten que ver a arqueoloxía cos zombis... E todo iso, nun aburrido sábado de outono... Onde vas estar mellor? Infórmate con máis detalle do programa de traballo/lecer que preparamos, e apúntate para participar, na ligazón de máis arriba, onde pon "Entradas dispoñibles", veña!