Para conmemorar o Día da Ciencia en Galego o Equipo de Dinamización da Lingua
Galega e os departamentos da área de Ciencias (Física e Química,
Matemáticas, Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía) do IES de Chapela
organizaron dúas actividades:
FEIRA CIENTÍFICA: NON É MAXIA ... É CIENCIA
No vestíbulo do IES durante os recreos do luns 3 (ás 12:10h), mércores
5 (ás 12:10h) e xoves 6 (ás 10:10h) tivo lugar a exposición e
explicación de once experimentos científicos conducida por alumnado
do centro.
Foron experiencias sorprendentes que contan cunha explicación
científica relacionada coa Física, a Química, as Matemáticas, a Bioloxía
ou a Xeoloxía. A explicación foi dada por alumnado voluntario da
ESO e Bacharelato que preparou con antelación os experimentos
co profesorado da área de ciencias.
CONFERENCIA: "Nanotecnoloxía: o futuro é agora", por Moisés Pérez
Lorenzo, profesor da Facultade de Química da Universidade de Vigo e
investigador do grupo de nanotecnoloxía desta Universidade.
Martes 4 ás 12:30h na Aula de Audiovisuais.
O profesor Pérez Lorenzo explicou ao alumnado de Bacharelato, 4º
da ESO e 1º do CM de Farmacia e Parafarmacia os últimos traballos
que está realizando o seu grupo de investigación e a potencialidade da
nanotecnoloxía para o desenvolvemento científico. Ademais
deixoulles claro que a lingua galega é de uso habitual na investigación
que se fai na Universidade de Vigo. Máis información e fotos