Celebración do Día da Ciencia en Galego 2018/2019 no IES. Chano Piñeiro

Título
Día da Ciencia en Galego 2018/2019 no IES. Chano Piñeiro

O martes 15 de xaneiro de 2019, celebramos no IES. Chano Piñeiro o día da Ciencia en Galego, no que colaboraron os departamentos de Bioloxía, Química, Matemáticas e Tecnoloxía.

Os alumnos presentaron as seguintes actividades:

  • Pirámides holográficas.
  • Electromagnetismo.
  • Tintes naturais.
  • Identificación de azucre redutores.
  • Matemaxia.
  • As catro cámaras do corazón.
  • Descubrindo o ollo humano.
  • Cromatografía da tinta.
  • A voltas co ADN.

Tedes un resumo das actividades realizadas no seguinte vídeo realizado polo EDLG do IES. Chano Piñeiro.