- Log in to post comments
Unha das temáticas da ONU deste ano 2022 é a do ano Internacional do Vidro (polo tanto, tamén na ciencia en galego deste ano). Non é moi coñecida moita bibliografía en galego sobre o vidro. Pero vén ao rescate o IES 12 de Outubro de Ourense para lembrarnos o que debemos coñecer do vidro. Contan que
No noso IES estamos a implementar dende o curso pasado o Plan de Igualdade, facendo numerosas actividades de concienciación relacionadas con esta cuestión. Aproveitamos para elo o feito de que tamén o ANO 2022 É O ANO DO VIDRO. É interesante coñecer co vidro para envases é infinitamente reciclable, e que representa un bo exemplo de economía circular. Así o noso alumnado de 1º e 3º ESO no proxecto competencial, traballaron a importancia de reciclar este material para berrar: “NON MO DIGAS MÁIS”. Prepararon así botellas e frascos con frases que se escoitan na rúa pero que debemos ir retirando pouco a pouco do noso vocabulario. Os textos escribíronse con rotuladores de vidro. Todo este material formou parte dunha exposición que estivo lista para o 25N. En varios dos frascos fixemos que ardese unha vela como homenaxe a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero. A exposición quería ser unha ventá aberta á reflexión sobre esas frases empregadas a miúdo pero que son agresivas para quen as recibe.
Tamén o alumnado de 4º ESO, preparou blogs, sobre o vidro, as súas características, o seus usos, a importancia do seu reciclaxe... Os enlaces para ver estes traballos son os seguintes:
https://grupo-1-biologia-4a.webnode.es/
https://scarcha20077.wixsite.com/o-emprego-do-vidro-n
https://ovidrio-com.webnode.es/
https://generaciondevidrio9.wordpress.com/2022/11/22/o-vidro-e-as-suas-especialidades/
https://sobre-o-vidro.webnode.es/
A Simetría en Hilma AF Klint
E finalmente, calquera celebración que se prece debe rematar cun agasallo. Cando lle preguntamos ao profesor de Arte do noso IES, Carlos, que muller e artista reflectía mellor nos seus cadros o concepto de simetría, falounos de HILMA AF KLINT, pintora sueca que ostenta nada menos co título de ser a pioneira da abstracción. Esta muller foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible. Así, Carlos propuxo que fixéramos uns chaveiros para conmemorar o XIII Día da Ciencia en Galego cun dos seus cadros máis emblemáticos: Svanen (O Cisne), obra abstracta que nunca foi exhibida en vida da artista. Todo o alumnado da ESO e o Bacharelato recibiu un deses chaveiros.
O 25N en Vidro "Non mo digas máis"
Nesta mesma liña e para demostrar que no noso IES cabemos todas e todos, un grupo de alumnos de 4º ESO gravou un vídeo con información sobre distintos aspectos do vidro acompañados de Paula, a intérprete de signos do noso Centro quen axuda ao alumnado con dificultades auditivas.