O IES 1 celebra o Día da Ciencia en galego cun taller de creación

O IES 1 celebra o Día da Ciencia en galego cun taller de creación

a estrada / la voz
4/11/2011

O IES 1 da Estrada celebra hoxe o segundo Día da
Ciencia en galego, que este ano se adica á muller na ciencia, en
especial á química e a Marie Curie, e á matemática galega María
Wonenburger. A sesión no instituto estradense consistirá, logo do
tratamento biográfico das dúas científicas, nun taller de creación e
comunicación en base a textos elaborados polo alumnado, referido a liñas
temáticas como «elas obteñen moléculas poderosas de multiplicar bens a
toda velocidade» ou «o poder da química e a química do poder», entre
outras.

Na biblioteca
Este taller realizarase na biblioteca do centro coa
colaboración do equipo de normalización lingüística do IES, e levarano a
cabo o alumnado de primeiro e segundo da ESO. Dentro o instituto
sinalan que «nesta proposta quérese destacar a interdisciplinariedade
das áreas educativas, en especial neste caso de Ciencias Naturais,
Coñecemento do Medio e Lingua Galega, no desenvolver e motivar
capacidades no alumnado tanto individual como grupalmente», conclúen.