tecnoloxía.org

 

Programación e robótica en galego

 

Con motivo da celebración do V Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego temos varias actividades interesantes para participar desde os departamentos de tecnoloxía dos centros de educación secundaria:

Videoconferencia sobre programación en galego

foto_manuel_caeiroaO vindeiro mércores 5 de novembro, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) convida ao alumnado de 2º ciclo de ESO e Bacharelato a participar nunha videoconferencia sobre programación en galego. O relator é Manuel Caeiro, doutor en enxeñaría de telecomunicación na Universidade de Vigo, que falará da historia da programación desde un punto de vista moi básico e práctico e nos animará a programar en galego a través de ferramentas como Scratch e Squeark.

Tedes toda a información na web da CGENDL

En http://codigooctopus.org tedes unha chea de exemplos de programas en galego realizados con Scratch.

Concurso “Inventa en galego”

igaciencia2014aNeste concurso organizado por Igaciencia e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e EducaBarrié grupos de alumnos e alumnas deberán desenvolver unha aplicación para móbiles e tabletas Android utilizando App Inventor. O prazo límite de presentación de traballos é o 9 de novembro de 2014

Tedes máis información na web de igaciencia: Inventa en galego

Concurso “Sensores para todos”

Tamén desde Igaciencia, co patrocinio de Educa Barrié e a Domus, invítannos a desenvolver aplicacións de robótica con Lego e Arduino para recoller datos cos seus sensores e representar os resultados obtidos. Recolleranse os traballos ata o 9 de novembro.

Tedes máis información na web de igaciencia: Sensores

http://tecnoloxia.org/?p=7722