Por unha banda un experimento sinxelo: crear un compás como fixeron os chinos e que representou un paso de xigante nas comunicacións marítimas e terrestres: podíamos saber de día e de noite cara a onde quedaba o norte, en calquera situación.

Como construír un compás como fixeron os chinos e saber onde está o norte

Exposición: Darwin, A Viaxe do Beagle, a Evolución e a Orixe das Especies

Cada centro pode escoller os paneis que máis lle acaian. Ou poñer toda a exposición. Temos que agradecer o traballo xenial de Xusto Rodríguez Río traducíndoos dos carteis orixinais do CSIC.

Esperamos de aqueles centros que poñades a exposición que nos enviedes unhas fotos e comentarios sobre esas e outras actividades que realicedes co motivo do día da Ciencia en Galego 2017 (ou mes, a exposición ben pode durar todo novembro), para ir reseñándoo aquí, en cienciaengalego.org

Todos os carteis de Darwin_e_a_orixe_das_especies

Carteis individuais

http://www.igaciencia.org/cg2017/