Ofertas de colaboracións e actividades para o día da Ciencia en Galego

A ASPG convoca o

Campionato de Trivial Día da Ciencia en Galego

O Día da Ciencia en Galego é unha xornada dirixida ao mundo do ensino e a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua axeitada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias escolares pensadas e desenvolvidas en galego.O Día da Ciencia en Galego está adicado a Ramón Mª Aller Ulloa, Afonso X e James Clerk Maxwel. 

A xornada terá lugar o día 4 de novembro de 2010 e o profesorado, xunto co alumnado, pode participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada a cada realidade e aos diferentes niveis educativos. A AS-PG, que participa nesta convocatoria, convoca un Campionato de Trivial sob as seguintes 

 


http://prolinguagalega.org/
di que

Día da Ciencia en Galego

A partir deste ano 2010, o 4 de novembro convertase para as galegas e os galegos nunha cita puntual coa ciencia en galego, que nos permitirá achergarnos, educativa e socialmente, a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico.
ProLingua parabenízase desta inicitiva que este ano nos guiará polo perfil do astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), do físico escocés James Clerk Maxwell (1831-1879) e mais de Afonso X O Sabio (1221-1284), un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
ProLingua tamén quere colaborar coa Semana da Ciencia en Galego activamente e para iso convida a todos e todas as asinantes do seu manifesto fundacional a escribiren e nos enviaren un texto en formato de conto, poema, microrrelato, relato curto, aforismos, etc., sempre que no seu argumento, na súa estrutura ou na súa linguaxe apareza a ciencia. Os textos deberán ser enviados, antes do 31 de outubro, ao enderezo electrónico prolinguagalega@gmail.com. Unha vez concluído o prazo, as vosas achegas serán subidas á web como contributo colectivo a unha visión contemporánea e literaria da ciencia en galego en Galicia.

Desde Lalín ofértannos as Regras dun Concurso de Cifras e Letras para celebrar no centro

Servizo de normalización lingüística do Concello de Vigo

Ola, sei que é un tanto peculiar este correo, valorade se paga a pena informar. Grazas Dende o SNL do Concello de Vigo imos desenvolver varias actividades dende o 4 de novembro ao 11 de novembro. Reeditaremos o manual de expresión básicas en medicina, galego-inglés, inglés galego, pero desta volta en soporte dixital. Para os centros de primaria imos desenvolver polos centros de ensino obradoiros de ciencia divertida. Dentro do programa, unha lección de cine, imos comezar con dous filmes que aproveitaremos para traballarmos esta cuestión: Prado longo e O concursante. Para o propio día 4 estamos artellando unha xornada de máis sona. Informarémosvos así teñamos todo cerrado

 

Apetega: Co obxectivo de defender a presenza do galego no campo da Ciencia e da Tecnoloxía,  Apetega  e outras organizacións ideamos celebrar o próximo 4 de novembro diversas actividades en apoio do Galego.

Pregámoslle reenvíe este correo ao profesorado dos departamentos de Tecnoloxía, Física e Química, Matemáticas, Ciencias Naturais  e Plástica.


César Pais Balsalobre do IES Chan do Monte oferta, como actividade do día e da Semana da Ciencia en Galego, a visita ás súas coleccións didácticas

  • Colección didáctica de Moluscos de Galicia
  • Colección didáctica de Crustáceos de Galicia
  • Colección didáctica de peixes de Galicia
  • Colección de artes e aparellos de pesca de baixura e marisqueo
  • Restos de cetáceos, cranios de aves mariñas, otolitos e dentes de peixes de Galicia
  • Para facer concursos matemáticos nos centros no día da Ciencia en Galego ofertamos varias coleccións de problemas de concursos de AGAPEMA

    Non hai que dicir que AGAPEMA oferta ás súas exposicións

    -Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte.

    -Xeometría 3D

    -Ciencia Viaxeira: Explorando coa Luz

    Matemáticas para disfrutar.

    Cartel sobre historia da Astronomía de IGACIENCIA

    O IES de Fontexería ten exposicións que están dispostos a emprestar a través de Agapema

     

    XOGOS MATEMÁTICOS

    Para esas mesas de xogos matemáticos que propoñemos facer no recreo do centro o día da Ciencia en Galego, o 4 de novembro, utilizaremos as propostas de Xogos Matemáticos do Grupo Lúa (que ben acaído, non?)

     

    Modelo ou exemplo para Concursos

     

     

    Papaventos tradicionais galegos de cartuchos e zoadeiras