Programa definitivo das actividades do 5 ao 12 de novembro no Campus de Lugo para celebrar o III Día da Ciencia en Galego

Programa definitivo

-Do 5 ao 12 de novembro, na Biblioteca Intercentros. Centro de interese "Os nosos Leonardos", centrado nas figuras dos inventores galegos Ramón Verea, Ángela Ruiz Robles e Alexandre de Fisterra.



-Do 5 ao 12 de novembro, na Facultade de Ciencias. Mostra conmemorativa do bicentenario de Antonio Casares.



-6 de novembro, de 12:30 a 13:30 h, na Facultade de Ciencias. Visionamento da videoconferencia "Facendo física de partículas polo mundo", organizada pola Facultade de Física

Intervirán:

- Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa e física do experimento ATLAS do CERN.

- Olalla Castro. Profesora no City University en Londres e investigadora en teoría cuántica de campos.

- Abraham Gallas. lnvestigador no CERN e na USC e físico no experimento LHCb do CERN.

- Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC no ámbito do estado da materia nos primeiros instantes do Universo.

- Cibrán Santamarina. Profesor da USC e investigador no experimento LHC do CERN.



-7 de novembro, de 11 a 12:45 h, na Facultade de Ciencias.  Presentacións "De Leonardo a nós"

Con elas preténdese destacar o labor técnico e científico de Leonardo da Vinci e o seu influxo na ciencia moderna e contemporánea.

Intervirán:

- Francisco Javier López (profesor de Expresión Gráfica. EPS): 'Leonardo: a representación gráfica das súas ideas'

- Matilde Lombardero (profesora de Anatomía. Fac. de Veterinaria) 'A anatomía de Leonardo e a actual: similares pero diferentes'

- Manuel Andrade (profesor de Astronomía. EPS) 'Da Vinci: sobre luares cincentos e planetas afortunados'

- Roberto Iglesias (profesor de Ciencias da Computación. EPS e Fac. de Ciencias) 'De como os autómatas de Leonardo da Vinci evolucionaron ata converterse en valiosos compañeiros robóticos'

- Montserrat Valcárcel (profesora de Enxeñaría Hidráulica. EPS) 'Leonardo enxeñeiro: os seus deseños hidráulicos'



Neste mesmo acto entregaranse tamén os Premios á calidade lingüística dos traballos académicos e de investigación convocados polas Facultades de Ciencias e Formación do Profesorado e pola Escola Politécnica Superior, e presentarase o Espazo USC da iniciativa Proxéctate en galego.



-7 de novembro, de 13 a 14 h. Visitas guiadas a laboratorios de investigación de distintos centros do Campus.