XII día da Ciencia en Galego

Simetría, ciencia en galego e Galois

Submitted by admin on Sáb, 11/19/2022 - 11:13

Carl Friedrich Gauss, un dos máis grandes matemáticos, dise que afirmou: "As matemáticas son a raíña das ciencias e a teoría dos números é a raíña das matemáticas". As propiedades dos números primos xogan un papel crucial na teoría dos números. Outras materias como a bioloxía, a química ou a física baséanse en solucións matemáticas.

Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022

Submitted by admin on Mér, 11/09/2022 - 23:45

O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.

Como o aforo é limitado podes inscribir unha clase túa para asistir en igaciencia.eu

O lugar, Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo

Os homenaxeados Evariste Galois e Ángeles Alvariño González

Submitted by admin on Mér, 07/20/2022 - 12:57

Évariste Galois cambiou as matemáticas, pero tamén a Arte, a Física, a Química, a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e aínda o de grupo de Simetría. Hoxe podemos citar 800 libros que falan da Teoría de Galois en Mecánica Cuántica, dos Grupos de Simetría en Cristalografía e Química ou dos 17 grupos de Simetría planos que permiten facer todos os deseños tipo wallpaper posibles no plano, etc. Ou os de 3 dimensións que explican a cristalografía.

Actividades de Igaciencia no segundo semestre de 2021 e Ano Internacional da ONU 2021

Submitted by admin on Mér, 07/21/2021 - 11:13

Celebrando a -parcial, de momento- remisión da pandemia, adiantamos as nosas actividades previstas para o segundo semestre do ano 2021:

Organizadas coa colaboración da Concellería de Educación do Concello da Coruña:

Unha nova sección: Textos en galego

Submitted by admin on Dom, 10/04/2020 - 11:11

Hai como cousa dun ano enviaronme tres libros de matemáticas, recén publicados, e en galego. Para reseñalos aquí, en cienciaengalego.org

Diredes, imposible. Case desde o famoso libro de Vacaloura non hai textos de matematicas de secundaria en galego. Non é así? convídovos a escribir sobre cada un deses libros, de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Tecnoloxía e Física e Química, Ciencias para o mundo contemporáneo escritos en galego. Por exemplo, un libro moi interesante, escrito por tres profesores xeniais, en galego, para Física 4º de ESO titulado "Todo se move".