No IES de Brión participamos no III día da Ciencia e Tecnoloxía en galego con diferentes actividades que se desenvolverán ao longo desta semana:
-Deseño e construción da ponte autoportante de Leonardo da Vinci, polo alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo e Tecnoloxía Industrial I
- Deseño de engrenaxes, polo alumnado de 2º de Bacharelato
- Mostra de bicicletas e slogans relacionados coa bicicleta como vehículo sostible.
- Recompilatorio de libros sobre a figura de Leonardo da Vinci.
- Recompilatorio de información na rede sobre Leonardo da Vinci.
- Exposición de traballos elaborados por alumnado de 4º sobre Leonardo da Vinci, Ramón Verea e a bicicleta.
- Análise da bicicleta como obxecto tecnolóxico.-Participación na videoconferencia vía web que terá lugar o vindeiro martes 6 de novembro, organizada pola Coordinadora Galega de equipos de Normalización e Dinamización Linguïstica na que destacados investigadores en Física de Partículas
formados en institutos galegos achegarán temáticas de interese
curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que
desenvolven na actualidade, baixo o título título: "Facendo Física de Partículas polo mundo"