O alumnado da Mariña lembra a Celso Emilio Ferreiro

Mariña

O alumnado da Mariña lembra a Celso Emilio Ferreiro

Distintos centros da comarca o homenaxearon nun día e momento especial, ás doce da mañá do día 12 do mes 12 do ano 2012

1 votos

A de hoxe é unha data especial e marcada no calendario, por diversos motivos. Por un lado é o día 12 do mes 12 do ano 2012, que non se volverá a repetir para as actuais xeracións. Por tanto, unha data única. Por outro lado, centros educativos da comarca da Mariña se sumaron á celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, respostando así á convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que convidou en toda Galicia ao alumnado a recitar a outra hora clave, ás doce da mañá, o poema do autor titulado Deitado frente ao mar.

No caso do IES Perdouro, en Burela, por exemplo, contouse cun convidado especial como é o mariñeiro e poeta que habitualmente faena por aguas de Noza Zelanda, o burelense Jesús Mosquera.

O poema escollido está moi vencellado ao tema da interculturalidade.

Más información