Un Día das Artes Galegas "máis alá das letras"

http://praza.com/cultura/2991/un-dia-das-artes-galegas-mais-ala-das-let…

Cartaz do acto

Cartaz do acto

© A Nave das Ideas

s

  | Cultura

Un Día das Artes Galegas "máis alá das letras"

Redacción | @prazapublica

A Nave das Ideas organiza este sábado en Vigo un acto que busca reivindicar a creatividade galega en todas as disciplinas, alén da literatura. Comezará ás oito da tarde e terá lugar no Bar Hipólito e estará centrado na figura de María Casares. Neste senso, incluirá unha palestra sobre a actriz a cargo da ensaísta e investigadora María Lopo e a interpretación da actriz Casilda Alfaro de Hécuba, un dos personaxes interpretados por María Casares. A seguir ofrecerán senllos concertos os pianistas Paula Ríos e Abe Rábade.

A homenaxe abrirase coa presentación do manifesto Un Día das Artes Galegas é posíbel

A homenaxe abrirase coa presentación do manifesto Un Día das Artes Galegas é posíbel, asinado por Abe Rábade, Aíd, Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Luís Iglesia Besteiro, Patricia de Lorenzo, Ángel de la Cruz, Andrea Costas, Uqui Permui, Gonzalo Vázquez, Isabel Aguirre ou Manuel Caamaño. O texto busca poñer en valor as creacións culturais galegas en todos os eidos: "queremos pór en valor o que somos, situar na comunidade a creación que realizamos, identificarnos co gran diálogo público-artista que outorga existencia a toda obra". 

Pide non limitar "a nosa mirada" ás letras: "recollemos a literatura para situala a carón do gravado, da videocreación ou da moda téxtil. Confiamos na universalidade da nosa produción artística"

E pide non limitar "a nosa mirada" ás letras: "recollemos a literatura para situala a carón do gravado, da videocreación ou da moda téxtil. Confiamos na universalidade da nosa produción artística. Non desexamos ocultar nada, antes ben, pretendemos iluminar este grande espazo cultural". Reivindica "o sempre dificilmente delimitable territorio da arte" como aquilo "que abrangue desde a artesanía até o deseño industrial, recollendo toda expresión artística, sexa cal for. Abrazámolo na súa totalidade e integridade. Por iso facemos a reclamación global do Día das Artes Galegas".

O acto quere ser continuidade do que A Nave das Ideas xa organizou o ano pasado, e que se celebrou tanto en Vigo como na Coruña, arredor da figura de Urbano Lugrís.