Exposición Arte e Ciencia, Xornadas e Concursos de IGACIENCIA

Exposición Arte e Ciencia

Unha exposición na que, seguro, haberá temas que xa coñeces -aínda que estean feitos desde unha visión nova- como número de ouro, rectángulo e espiral aúrea, fractais, Dalí e a ciencia, e Escher e as Matemáticas,  e temas novidosos e auténticas primicias como o símbolo universal románico galego (sabes cal é?) construír a xeometría dos símbolos galegos de Santa Trega, a cruz celta de Santa Susana e a súa ecuación, as ecuacións dos perfís de moitas obras artísticas, o artesonado da casa de contratacións, Juan Gris e o seu método de composición usando transformacións (coñeces de alguén que o contara antes en España?), Alexander Calder, Vasarely e a percepción, etc, por non contar a arte dixital, en 2d e 3D de Manuel Díaz. Unha exposición que non podes perder... , Apúntate xa que as prazas son limitadas.

Concursos con prazo de presentación ata o 30 de outubro:

Os premios consisten en libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais (e algún outro agasallo doutros patrocinadores) e publicación dos gañadores na web!

1) Construír unha dome ou cúpula xeodésica con materiais de distinto tipo. Proximamente daremos as instruccións  para facelo aquí. De momento en papel no arquivo adxunto. 3 premios

Obradoiro de construción de cúpulas xeodésicas o día 2 de outubro ás 19 horas na mesma exposición. Impartida por Ramón Mariño, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo.

2) Unha obra artística propia con móbiles estilo Alexander Calder, En principio, enviar a foto. As obras dos tres gañadores as exporemos na exposición de Lugo. Tres premios de libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais. No arquivo Calder.PDF, aquí abaixo, tes indicacións para os cálculos.

3) Fotos propias dalgunha igrexa románica galega que conteña o "símbolo universal do románico galego" (se non sabedes cal é, vale con calquera símbolo dunha igrexa románica que vos chame a atención). 1 premio.

4) Hai que saber explicar estas preguntas de Ian Stewart:

Por que moitas flores teñen cinco ou oito pétalos, pero moi poucas teñen seis ou sete? Por que as folerpas de neve teñen simetría de orde seis? Por que os tigres teñen bandas pero os leopardos teñen manchas? A través da historia humana, artistas e científicos foron inspirados pola forma e a beleza do mundo natural. A nosa visión cambiante do Universo, e o do noso lugar nel, refrexa un sempre crecente entendemento de patróns e estruturas na natureza. A mente humana e a cultura humana inventaron un sistema formal de razoamento que nos permite recoñecer, clasificar, e explotar patróns en calquera sitio que poidan estar e en calquera momento que emerxan. (Ian Stewart, 1995). Busca un libro de Ian Stewart que contén todas as respostas "Nature's Numbers: The Unreal Reality Of Mathematics".  (Science Masters Series). Podes mercalo en ebook.

O primeiro ou a primeira que conteste, explicando correctamente a resposta, levará, como non, un premio.

5) Esta exposición aborda como a ciencia, matemáticas, a tecnoloxía e a arte e a vida se relacionan entre si. Invitamos a cada estudiante, ou grupo deles, que asista á exposición Arte e Ciencia a producir un traballo que reflicta algo do que aprenderon na exposición. 3 premios

6º) As formas de Sargadelos. Facer un pequeno traballo para coñecer e valorar as formas galegas, tradicionais, da cerámica de Sargadelos. E como influíron os deseños artísticos tradicionais galegos no seu deseño. 1 premio ao mellor traballo.

7) Como describirías en 2 palabras a imaxe dun modillón de San Miguel de Celanova (Ourense)(ver a imaxe): Hai un modillón deses no Museo arqueolóxico de Ourense. 1 premio á resposta que se adapte a explicación que está na exposición!.

8) E, tamén, traballos escritos en galego sobre calquera dos homenaxeados no IV día da ciencia en galego, Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale, ou Bucky Fuller. 1 premio

Haberá unhas xornadas, de 8 horas, en outubro, sobre a exposición Arte e Ciencia no mesmo lugar da exposición Servirán, entre outras cousas, para preparar a visita posterior cos alumnos. Os que vaian visitar a exposición terán prioridade para entrar nesas xornadas.Así que inscríbete xa.. axiña..Antes de que non teñas praza.

Visitas guiadas e obradoiros para os centros

http://www.crtvg.es/informativos/unha-exposicion-mostra-en-lugo-a-union-entre-arte-e-ciencia-670578

Enviar os resultados do concurso ao correo concursos en igaciencia.org