O día da Ciencia en Galego no Campus de Lugo

4 Novembro - 5 Novembro

4 Novembro at 17:00 to 5 Novembro at 20:15

Casa do Saber, Praza de Pío XII, 3 LUGO

Este ano queremos celebrar o Día da Ciencia en Galego con actividades que acheguen a ciencia, e nomeadamente o traballo que se fai desde o Campus de Lugo, aos habitantes da cidade. Ás 5 da tarde faremos unha visita guiada á exposición "Sensores", organizada por IGACIENCIA na Deputación Provincial de Lugo.

Trátase dunha mostra de obras artísticas que evolucionan co tempo, e que interactuan co espectador grazas a unha serie de sensores que recollen as súas reaccións e movementos. Para asistir con nós, achégate 10 minutos antes das 5 pola praza da rúa de San Marcos (diante do edificio da Deputación). A partir das 6 e media, no Auditorio da Casa do Saber dous docentes deste campus contarannos cousas sobre robots e sobre navegación espacial. - Roberto Iglesias, do Dpto. de Electrónica e Computación falaranos de "O nacemento dunha nova xeración de robots". E aí polas 7 menos cuarto presentaranos un Obradoiro de robótica, que nos deixará coa boca aberta. - Manuel Andrade, profesor de Astronomía e Astrofísica levaranos "Da maçã de Newton à sonda espacial Rosetta".

Ao acabar, se o ceo nos deixa, achegarémonos á Muralla para facer unha Observación astronómica e -literalmente- ver as estrelas.

Agardámosvos!