Mesa redonda "Riqueza lingüística e ensino"

Mesa redonda "Riqueza lingüística e ensino"

Venres, 13 de febreiro de 2015

Desde Proxéctate en Galego unímons á conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna reflexionando a redor da riqueza que a diversidade lingüística e cultural supón para a civilización mundial, de como podemos contribuír a esa diversidade en tanto que galegos, e das accións que precisamos empreder desde o ensino para xestionar de forma eficiente a nosa riqueza lingüística.

Farémolo a través dunha mesa redonda que se vai desenvolver o sábado 21 de febreiro, a partir das 11,30 h na Casa do Saber (Vicerreitoría do Campus de Lugo) e na que participarán:

  • Modesto A. Rodríguez Neira, profesor da Área de Lingüística Xeral da USC
  • Valentina Formoso Gosende, da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
  • José María Álvarez Castro, editor do libro Ás voltas coa diversidade cultural

Todos eles moderados por María Xosé Rodríguez Valcárcel, profesora de lingua e literatura galega.

A asistencia é libre.

Arquivos adxuntos: