programa de actividades que do Campus de Lugo para conmemorar o Día da Ciencia en Galego

Xa é oficial o programa de actividades que no Campus de Lugo imos organizar para conmemorar o Día da Ciencia en Galego

https://www.usc.es/gl/proxectos/proxectate/modules/news/news_0026.html

 

Día da Ciencia en Galego 2015

Luns, 26 de outubro de 2015 XUSTO RODRIGUEZ RIO

 

Un ano máis, desde Proxéctate en Galego queremos conmemorar o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que buscan achegar a ciencia, e as persoas que a fan ou a fixeron, aos habitantes da cidade de Lugo.

Mércores, 4 de novembro

  • 16:30 h. Ruta xeolóxica "A historia que contan as pedras que pisas"

    Queremos propoñer un tranquilo paseo polo centro de Lugo para descubrir todo o que podemos aprender sobre o noso pasado fixándonos nas pedras que nos rodean polo chan, nas paredes, na Muralla...



    A ruta comezará ás 16:30 horas no miradoiro do Parque Rosalía de Castro e rematará arredor das 19 h. A asistencia é libre, e tranquilos, que se chove temos preparado un plan B.

    Máis información nas ligazóns do final desta páxina.

     
  • 19:30 h. Parga Pondal: o cidadán e o científico

    Isidro Parga Pondal é un dos científicos homenaxeados neste Día da Ciencia en Galego. E para poñer de relevo ata que punto lle sobran méritos para este recoñecemento (e non só científicos) convidamos a dúas persoas que están investigando sobre aspectos complementarios da súa traxectoria:
    • Verónica Martínez Delgado, profesora e investigadora, falaranos sobre a súa faceta cívica en "Isidro Parga Pondal e a súa comunidade".

       
    • Francisco J. Leonardo Docanto, que presentou hai poucos anos unha tese sobre o itinerario investigador de Parga Pondal, contaranos cousas sobre o seu labor científico en "Isidro Parga Pondal, doutor en Ciencias".

 

Sábado, 7 de novembro

  • Wikimaratón do Día da Ciencia en Galego

Por segundo ano consecutivo, a Biblioteca Intercentros vai acoller este evento que xuntará persoas interesadas en ampliar e mellorar os contidos da Galipedia vinculados a científicos galegos, a algunha das temáticas ás que se dedica este Día en 2015 (o solo) e a disciplinas científicas especialmente relevantes no Campus de Lugo (a veterinaria).

Podes atopar información máis detallada sobre esta actividade e inscribirte para participar presencialmente ou en liña, na ligazón que atoparás ao final deste documento.

  

Arquivos adxuntos: