Celebramos o Pórtico da Gloria do mes da Ciencia en Galego, e ao Mestre Mateo, na súa casa, no mesmo Pórtico

Submitted by admin on Xov, 11/22/2018 - 11:53

Celebramos o Pórtico da Gloria do mes (imos cambiando de día a mes) da Ciencia en Galego, e ao Mestre Mateo, na súa casa, no mesmo Pórtico. O que di a Voz, nin nos mellores soños... pensei realizar unha actividade da Ciencia en Galego ... no Pórtico

Grazas a todos aqueles que como o amigo e experto nas matemáticas do Pórtico Luis Puig, ao IES Sofía Casanova, á Catedral de Santiago, etc, fixeron posible un acto dun simbolismo inesquecible, irrepetible, imborrable.

A verdade é que a celebración da Cultura Científica e da Cultura Galega como Patrimonio Cultural Europeo no ano deste Patrimonio Cultural Europeo, tamén se merecía unha celebración así. O problema será onde realicemos unha actividade o ano que vén e que melloremos o lugar.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/11/21/span-langglas-matematicas-tamen-porticospan/0003_201811G21P27991.htm