Actividades nos centros

Que imos facer en cada centro

IES 12 de Outubro de Ourense

O IES 12 de Outubro de Ourense vai celebrar co seu alumnado o vindeiro 4 de novembro do 2011 o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. As actividades terán lugar durante o recreo do mesmo día. Os departamentos directamente implicados na preparación das actividades son os seguintes:



  • Departamento de Físico-Química

  • Departamento de Tecnoloxía

  • Departamento de Debuxo

  • Departamento de Matemáticas

  • Departamento de Ciencias

  • Departamento de Electricidade

  • Grupo de Normalización Lingüística

Do Colexio de Vite

Ola!: Son mestra de Primaria e a coordinadora da biblioteca escolar. Neste trimestre temos unha pequena exposición (en galego) na biblioteca (está tamén na páxina web do colexio -biblioteca-) sobre o Ano Internacional da Química (AIQ) con dúas químicas: MARIE CURIE e MARGARITA SALAS. Envío unha foto no arquivo.