Actividades nos centros
Concursos
Prazo límite: ata o día 30 de outubro. Podedes participar nos concursos que a continuación se expoñen.
Os premios consisten en libros "Máis contos de animais", I e II, de Edicións Xerais, algúns libros máis e outros agasallos da delegación de Cultura da Deputación de Lugo, e publicación dos gañadores na web!
EXPOSICIÓN : Viaxe pola Xeometría Cálida
EXPOSICIÓN : Viaxe pola Xeometría Cálida
Carmen Blanco fala sobre Isaac Díaz Pardo
Adxunto o poema e unha foto miña con Isaac no Instituto Galego de Información, diante dun tapiz deseñado por el. Grazas pola atención, bo traballo e un saúdo solidario coas causas de Isaac, Carmen Blanco.
ISAAC SI:
O HOME DA MEMORIA AMOROSA
A Isaac Díaz Pardo, que deseñou outra muralla para a mellor memoria de Lugo.
Nacera con ollos amorosos para mirar o mundo e as mulleres da rúa das Hortas. Non esqueceu nada.
Poemas para ciencia en galego de Claudio Rodríguez Fer sobre Isaac Díaz Pardo
Aquí tes o meu poema a Isaac e, como curiosidade, outro moi anterior que lle dediquei a un científico galego amigo seu, o xeólogo Isidro Parga Pondal. Saúde, ciencia e poesía.
COMPAÑEIRO ANCESTRAL ISAAC DÍAZ PARDO
Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo:
Escribo ao antigo Castro de Samoedo
sobre o unánime corpo dos galaicos,
outra vez cerámica escachada
a golpes de usura e desmemoria.
Escríboche como ti nos escribías,
Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Xa temos un dos libros claves para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego o 4 de novembro de 2013:
Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Editado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo.
Pronto teremos aquí algunhas das páxinas do libro. Mércao, o seu valor non ten prezo.


