Conferencias de Ei-ichi Negishi e Tim Hunt, Nobeis

Os seus achádegos revolucionaron a química e a medicina e nos próximos meses impartirán dúas conferencias na Universidad de Santiago de Compostela. Ei-ichi Negishi e Tim Hunt, Nobel de Química en 2010 e de Medicina en 2001 polas súas respectivas contribucións á arquitectura molecular e o  ciclo celular, estarán en Galicia grazas ao programa ConCiencia.

Negishi (Japón, 1935), obtivo o Nobel por conseguir “acoplamientos cruzados catalizados por paladio en síntese orgánica”, que por simplificar, é un proceso que encontrou aplicacións en moitos aspectos da vida, desde agricultura á medicina. A súa conferencia pública será o xoves 26 de abril ás oito na Cidade da Cultura.