Proxéctate en galego. Foro USC 2012, Casa do Saber, Vicerreitoría do Campus de Lugo. 26-27-28 de outubro de 2012

Proxéctate en galego. Foro USC 2012

Casa do Saber, Vicerreitoría do Campus de Lugo. 26-27-28 de outubro de 2012

1 crédito de libre configuración

Descubre que o galego é unha oportunidade e unha lingua moito máis
viva e dinámica do que cres. Súmate a este proxecto, no que coñecerás
moitas persoas que xa descubriron que o galego non é ningunha barreira
no mundo académico ou profesional. Polo contrario, o galego é unha
oportunidade para os emprendedores, para as científicas, para
comunicármonos.
Prazo de inscrición: Do 3 ao 23 de outubro de 2012, ambos os dous incluídos.
Prazas: 80 prazas, que se cubrirán por orde de
inscrición. Para a viaxe de estudos do domingo á Ribeira Sacra hai 60
prazas en autobús, que se adxudicarán por orde de inscrición. Tamén
poderás asistir con vehículo propio.
Destinatarios/as: Estudantes da USC, mais está aberta a toda a comunidade universitaria (PDI e PAS).
Prezo: 5 euros para as persoas que desexen diploma
acreditativo final e/ou o crédito de libre configuración. Inclúe a viaxe
do domingo para as primeiras 60 persoas inscritas (desprazamento ata a
Ribeira Sacra, visita a Adegas Moure e viaxe en catamarán pola Ribeira
Sacra). Para o resto, a asistencia é libre ata completar aforo.
Inscrición: A través desta ligazón da Secretaría Virtual. Se tes algún problema, ponte en contacto co Centro de Atención a Usuarios.

Recoñecemento da actividade e requisitos: A USC emitirá
un diploma de asistencia á actividade, no cal figurará o número de
horas presenciais (16 h ou 25 h, dependendo de se se realiza a viaxe), a
todas aquelas persoas que se inscriban e asistan regularmente ao foro.
Haberá control de asistencia.
A actividade ten recoñecido un crédito de libre configuración para todo o estudantado da USC.
Para completar as 30 horas necesarias para o crédito de libre
configuración, ademais da asistencia regular durante as horas
presenciais da actividade (incluída a viaxe), os alumnos/as deberán presentar un traballo
a descrición dunha proposta orixinal de Proxección en Galego en
calquera dos ámbitos desenvolvidos no Foro. Incluirá polo menos os
obxectivos, a forma de levala a cabo e o público a quen vai dirixida.
Deberá estar escrita en galego e terá unha extensión entre 200 e 500
palabras.
Deberá entregarse antes do día 15 de novembro de 2012
por correo electrónico (indicando no asunto: actividade Proxéctate en
Galego a <proxectate.galego@usc.es>) ou en formato impreso á
directora académica Marta López Alonso
 
Responsable académica: Marta López Alonso, profesora titular do Departamento de Patoloxía Animal da USC, Facultade de Veterinaria 27002 Lugo

 
Descarga o programa!

Programa

Venres 26 de outubro, xornada mañá: Proxéctate co EMPRENDEMENTO
9:15 – 9:45 Entrega de documentación
9:45–10:00 Inauguración do Foro
Pedro García Herradón, vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo
Mario Outeiro, delegado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo
10:00–11:15 Allariz, un caso de creación de emprego e riqueza a partir da valorización do patrimonio (conferencia)
Bernardo Varela López, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Allariz
11:45–13:30 Emprendemento e lingua galega (táboa redonda)
Carme Pampín, xerenta de GalChimia
Xosé Lois Lamazares, xerente de Lugar da Veiga, SLL
Xosé Lois Carreira, propietario de Granxa Arqueixal
Modera: Mar Pérez Fra, profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC
13:30–14:00 Actuación Musical de Mini e Mero

Venres 26 de outubro, xornada tarde: Proxéctate coa TECNOLOXÍA

16:00–17:15 Novas oportunidades no ámbito tecnolóxico no marco dun mundo globalizado (conferencia)
Diego Vázquez, responsable do Departamento de Márketing e Vendas de Imaxin Software
17:15 – 17:45 Presentación do Espazo USC: Proxéctate en galego
Marta López, profesora do Departamento de Patoloxía Animal da USC
Francisco Candia, profesor do Departamento de Teoría e Historia da Educacin da USC
18:15–20:00 Tecnoloxía e lingua galega (táboa redonda)
Xabier Cid, consultor d'A Navalla Suíza
Camilo Regueiro, vicepresidente de PuntoGAL
Darío Janeiro, director contidos de CINFO
Modera: Antonio Pérez Casas, da Área de Tecnoloxías da Información e da Comunicación da USC
Sábado 27 de outubro, xornada mañá: Proxéctate coa CIENCIA

10:00–11:15 Pescudando nas orixes da materia (conferencia)
Cibrán Santamarina, profesor do Departamento de Física de Partículas da USC
11:45–14:00 Ciencia e lingua galega (táboa redonda)
Manuel Vicente, divulgador científico e director de Efervesciencia
Manuel Díaz, presidente de IGACIENCIA
Ánxela Bugallo, profesora do Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da UDC
Modera: Marcelino Maneiro, profesor do Departamento de Química Inorgánica da USC
Sábado 27 de outubro, xornada tarde: Proxéctate co MULTILINGÜISMO
16:00–17:15 Riqueza e potencial lingüístico de Galicia en Valentín Paz Andrade (conferencia)
Charo Portela, investigadora da UDC
17:45-19:30  Multilingüismo e lingua galega (táboa redonda)
Carme Silva, profesora do Departamento de Filoloxía Galega da USC
Montserrat Souto, profesora do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC
Isabel Vaquero, Servizo de Normalización Lingüística da USC
Modera Carmen Blanco, profesora do Departamento de Filoloxía Galega da USC
19:30– 20:00 Acto de clausura e conexións con diferentes puntos do planeta
Domingo 28 de outubro: Viaxe de estudos á Ribeira Sacra
Saída ás 10:00 h diante da Facultade de
Formación do Profesorado (Avda. Ramón Ferreiro). Á mañá, visita guiada a
Adegas Moure (Concello do Saviñao), xantar en Monforte; á tarde, ruta
fluvial en catamarán polo encoro de Sto. Estevo (Ribeira Sacra), para
ver os bancais de viñedos da viticultura heroica e a arquitectura
románica galega da zona. Chegada aproximada a Lugo ás 20:00 h.