Monterroso celebrará o sábado 25/5/2013 unha homenaxe ao galeguista Isaac Díaz Pardo
Sarria / A Voz 22/05/2013
O centro cultural de Monterroso acollerá o próximo sábado unha homenaxe ao intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo.O evento terá comezo a partir de 19:30 da tarde e será dirixido por Gregorio Ferreiro Fente. O primeiro relator será o ex colaborador do creador deSargadelos, Ramón Xosé Fandiño, que fará unha breve biografía do homenaxeado. Logo, o falará a escritora e catedrática Esperanza Díaz Mariño para falar de Díaz Pardo e os poetas. O xornalista e profesor monterrosino, Fernando Salgado, falará da relación de Díaz Pardo con Monterroso. A continuación intervirán o presidente do Consello de Cultura Galega, Ramón Villares, e o novo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. O alcalde de Monterroso, Antonio Gato, será o encargado de pechar o apartado de intervencións. Para concluír, actuará o cantautor Miro Casabella.