Xornadas sobre léxico matemático

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.
Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.
Enviamos o pdf dun tríptico coa información máis relevante. Esta información irase actualizando na páxina web da Facultade:

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/
http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/index.html
Pedimos a vosa colaboración para difundir a convocatoria que, aínda dirixida especialmente ao profesorado de matemáticas, pensamos que podería interesar tamén ao profesorado de lingua galega, a quen posiblemente acuda o profesorado de matemáticas na procura de asesoramento.
Agradecendo a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo,

Victoria
_________________________________

Descripción:<br />
              Descripción: Descripción: normalhttps://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&ik=599a7ea8f5&view=att&th=1415a2…" width="288" />

M. Victoria Otero Espinar
Decana da Facultade de Matemáticas
Telf. 881813130

Xornadas de léxico matemático
5 e 6 de novembro de 2013

Díptico das xornadas

Cartel das xornadas