IES 12 de Outubro de Ourense

O IES 12 de Outubro de Ourense vai celebrar co seu alumnado o vindeiro 4 de novembro do 2011 o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. As actividades terán lugar durante o recreo do mesmo día. Os departamentos directamente implicados na preparación das actividades son os seguintes:



  • Departamento de Físico-Química

  • Departamento de Tecnoloxía

  • Departamento de Debuxo

  • Departamento de Matemáticas

  • Departamento de Ciencias

  • Departamento de Electricidade

  • Grupo de Normalización Lingüística

ANTECEDENTES: No noso centro existe unha cociña solar que está depositada no departamento de Ciencias. Esta cociña foi gañada polo alumnado da materia de “Ciencias Medioambientais e da Saúde” durante o curso 2006-2007 cando participaron na APOSTA, un programa para a redución do CO2 no Centro. Este programa foi promovido pola asociación ecoloxista “Amigos da Terra” e patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. A Consellería premiou o grupo con esta cociña. A idea de todos é envíala a través dunha ONG a algún lugar onde sexa de utilidade para aqueles que máis a precisan. Antes, a idea, é mostrar ao resto do Centro as vantaxes do emprego das enerxías alternativas e a ocasión se presenta na celebración do Día da Ciencia en Galego.


As actividades propostas son as seguintes:



  • Departamento de Físico-Química fará carteis/experiencias traballando cos seus alumnos acerca da COMBUSTIÓN  e a figura de Madame Curie.

  • Departamento de Tecnoloxía participou directamente co seu alumnado na montaxe da cociña solar, prestando para isto o taller (espazo) e ferramentas.

  • Departamento de Debuxo fará o cartel anunciador da celebración cos alumnos desta materia.

  • Departamento de Matemáticas fará un cartel sobre a figura da matemática galega María Wonenburguer.

  • Departamento de Ciencias fará carteis sobre o funcionamento da cociña solar e a importancia das enerxías alternativas, sobre todo a solar. Mostrará o funcionamento da cociña preparando un chocolate para agasallar ao alumnado que participe na celebración do día.

  • Departamento de Electricidade mostrará diversos modelos de paneis solares explicando o seu funcionamento o alumnado do Centro.

  • Grupo de Normalización Lingüística será o encargado da corrección dos carteis e de preparar material sobre o papel do lume na literatura.