O pasado martes 4 de novembro celebramos no salón de actos do IES. Chano Piñeiro (compartido co CPI "Nosa Sra. das Dores") de Forcarei o V día da Ciencia en Galego organizado polo departamento de ENDL.
No departamento de Tecnoloxía realizamos un medidor do tempo de reacción simple (a un estímulo sonoro e a un estímulo visual), coa idea de presentar o proxecto, as medicións realizadas e os datos estatísticos obtidos, durante este día, ao Concurso Sensores de Igaciencia. Tedes máis detalles sobre o noso proxecto no blogue da aula de 4º PDC: FlordeToxo.
Unha información máis detallada, cos proxectos presentados polos diferentes departamentos, sobre a celebración do V día da Ciencia en Galego no noso Centro a tedes no blogue do ENDL no IES. Chano Piñeiro: Lingua de montes.
En concreto as entradas son 3: