Un artigo sobre María Wonenburger en GAMMA 11
Resumo
O pasado 28 de outubro o Consello da Cultura Galega (CCG) organizou unha xornada co título de
“María Josefa Wonenburger Planells na creación do coñecemento”, que constituíu o marco axeitado para o
estudo e recoñecemento da alxebrista. Na xornada, ademais de presentarse a cartografía elaborada polo
CCG e que está dispoñible na rede, contouse coa participación de recoñecidas científicas pioneiras e de
mulleres matemáticas que, ademais de resaltar a figura de María Wonenburger, amosaron o papel de algunhas
mulleres na educación matemática e a profunda pegada que algunhas deixaron na Historia da Ciencia,
ademais doutras reflexións, nunha mesa redonda titulada “As irmás de Hipatia”. Neste artigo achegamos
un breve resumo destas achegas.