Ciencia en Galego no IES de Becerreá

Submitted by admin on Ven, 11/30/2018 - 14:59

Antón cóntanos a Ciencia en Galego no IES de Becerreá:

Ola. Envíoche ó enlace ó blog do Equipo de Dinamización Lingüística onde se resume as actividades que fixemos no centro.

http://ednlbecerrea.blogspot.com/2018/11/o-ies-de-becerrea-celebra-o-dia-da.html

Moitas grazas polo traballo desenvolto, por todo o sementado, por tantas veces nas que non se ve o froito.

Saúdos

Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"

domingo, 25 de novembro de 2018

O IES DE BECERREÁ CELEBRA O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 

Os departamentos de Física e Química, Tecnoloxía, Matemáticas e Música realizaron obradoiros didácticos para celebrar o Día da Ciencia na nosa lingua

Exposición de Arquímedes e do Pórtico da Gloria.

 

A actividade práctica e lúdica fixo as ledicias do noso alumnado. Durante os períodos de lecer, no vestíbulo do centro, realizáronse obradoiros prácticos durante tres días. As actividades estiveron apoiadas por unha exposición, onde se reflictían os contidos traballados.

 

Para a ocasión o Departamento de Física e Química construíu un Ludión ou Demo de Descartes, que consiste nun dispositivo ideado por Descartes, co que se experimentan dous dos Principios fundamentais da hidrostática: o Principio de Pascal, e o Principio de Arquímedes, ademais  recrearon un dos experimentos de Arquímedes consistente nun sistema de poleas.

 

O Departamento de Tecnoloxía foi o encargado da contrución dun Parafuso de Arquímedes, que é unha máquina gravimétrica helicoidal utilizada para a elevación de auga, fariña, cereais ou material escavado. Foi inventado no século III a. C. por Arquímedes, do que recibe o seu nome, aínda que existen hipóteses de que xa era utilizado no Antigo Exipto.

Parafuso construido en Tecnoloxía

Ludións realizados polo profesorado.
 

O alumnado de 1º da ESO de Música realizou unha exposición sobre "Os 24 Anciáns Sabios do Pórtico da Gloria", que rematou cun animado kahoot no que participou todo o centro.

 

Gabriel, Alejo e Sito de 1º da ESO, facendo a exposición.

Para rematar o Departamento de Matemáticas, axudounos a descubrir o número Pi de forma práctica.

 

Obradoiro do Número Pi.

 

Publicado por EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA IES DE BECERREÁ ás 5:27 a.m.Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio

Subscribirse a: Publicar comentarios (Atom)

Equipo de Dinamización Lingüística IES de Becerreá

Equipo de Dinamización Lingüística IES de Becerreá
EDL IES BECERREÁ

PROXECTOS EDL BECERREÁ

ESCOLA DE PRENSA

A NOSA REVISTA "A REBOLA" ON LINE

EQUIPO DE REDACCIÓN " A REBOLA "

EQUIPO DE REDACCIÓN " A REBOLA "
Alumnos integrantes da redacción da REBOLA

CURUXAS NA REBOLA

Blog no que o alumnado participante no Taller de Creación Literaria do IES de Becerreá publica os seus traballos.

PARLAMENTO

VÍDEOS EDL

TRABALLOS

Buscar neste blog