Este ano foi declarado Ano internacional da Química pola Unesco
polo que o día da ciencia en galego 2011 dedicámolo á Química. Dentro da
Química imos dedicarlle un apartado especial ao lume e á combustión en
xeral:
- Facer magostos con lume de madeira
- Facer candís, lampadas, de aceite, de carburo
- Ver como fai ignición o magnesio (o profesor ou a profesora)
- Levantar toda a clase as velas ás 12 horas do día 4 de novembro de 2011 en toda Galicia
- Aprender como se apaga un incendio
- Estudar o mecheiro Bunsen no laboratorio
- Facer lumes de varias cores
- O lume como factor decisivo do cambio e a evolución da humanidade
desde hai 500 000 anos. Co lume conseguimos comidas cociñadas, luz polas
noites, calor no inverno, crear e tratar metais. bronce, ferro... - Queimar ferro botando unha choiva de limaduras sobre unha chama.
- Calquera experimento caseiro non moi complicado que poña en evidencia o papel da Química na nosa vida cotíá
- As matemáticas da Química
- A tecnoloxía da Química
- A Química da Bioloxía
- Estudar a vida de Madam Curie, o papel da muller na ciencia,…
- Videoconferencias