A escola de Lago, Valdoviño, na II semá da Ciencia en Galego

Submitted by escoladelago on Sáb, 11/05/2011 - 01:35

O día 3 iniciamos a semá da Ciencia en Galego
Podedes ver fotos en:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html
Empezamos por meter un ovo en vinagre para que dentro duns días bote coma unha pelota. Lograrémolo? Estamos desexando comprobalo!
Fixemos un volcán con bicarbonato e vinagre, con pompas incluidas… e fixemos aplicacións para inchar un globo, para un airbag caseiro, para apagar velas sen tocalas nin soprar…
Metimos unha candea acesa en tarros tapados de diferentes tamaños e observamos que pasaba. Metimos velas acesas de diferentes tamaños dentro dun tarro grande tapado. Relacionamos co que sucede nos incendios.
Acendimos unha vela polos 2 extremos e a colgamos dunha punta entre 2 copas e vimos os movementos que se provocaban.
Nunha vela recén apagada logramos ver que se volve a acender se prendes lume no fume.
Fixemos un volcán con cocacola e mentos e outro con cocacola e sal.
Metimos un ovo nun tarro con auga e logo nun tarro con auga con sal e neste flotaba… Logo metímolo nun tarro e fumos botando alternativamente auga soa, ou auga con sal, para velo subir e baixar. Relacionamos coa razón pola que se flota mellor na auga do mar.
Logramos meter un ovo cocido por un espacio estreito axudados dunha candea.
Fixemos lámpadas e candís de aceite.
Fixemos unha estrela de paus dos dentes crevados polo medio, axudados por auga.
Logramos poñer un tarro de auga boca abaixo sen que caera a auga, axudados por unha cartoliña.
Fixemos bailar masa de maicena coas vibracións dos soidos.
Día 4
Primeiro puxemos a friitr un ovo sen lume nin aceite! Levoulle moito tempo pero non había que atendelo.
Traballamos na estatística do tempo do mes de outubro.
Con leite e colorantes axudados por detergente líquido vimos preciosos diseños de cores…
Logramos manter unha pelotiña no ar coa axuda dun secador de pelo.
Como hoxe non choveu poidemos poñer un gran cartel anunciando a semá da Ciencia en Galego.
As 12 horas acendimos velas e incienso para xunto con outros profesores, nenos-nenas e pais-nais de Galicia defender o dereito a traballar a ciencia en galego..
Logo experimentamos os trocos que se dan na masa de maicena…
Falamos sobre Madame Curie eMaría Josefa Wonenburger Planells
Para a semá vindeira temos previstos moitos máis experimentos xa iremos contando.
recordade:http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html