IV día da Ciencia en Galego
Isaac Díaz Pardo
No IV día da Ciencia en Galego que imos celebrar ao redor do día 4 de novembro de 2013, dedicada fundamentalmente á Arte e a Ciencia e á Estatística (estamos no Ano Internacional da Estatística), dedicámosllo ao arquitecto Richard Buckminster "Bucky" Fuller (lembraredes o fullereno do II dia da ciencia en Galego) , a Florence Nightingale e e o artista e científico galego, creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo.
O FITOFALADOIRO
O Herbario SANT e o Instituto da Lingua Galega, ambos da USC, presentan o proxecto Fitofaladoiro, un proxecto educativo en que se integran as áreas de coñecemento da lingua galega, o estudo da cultura tradicional e a botánica.
Este proxecto busca implicar, en principio, os alumnos e os profesores de ciencias e de lingua galega dos centros de ensino medio e bacharelato, aínda que tamén está aberto a todo aquel queira participar nel.
A nosa intención é crear unha rede de recolección de plantas ventureiras, cos seus nomes tradicionais e cos usos que se lles daba.
Astronomía na Beirarrúa contanos dunha app en galego para recoñecer unha foto no ceo nocturno. Úsaa na clase
No correo que vos enviei o pasado venres había unha ligazón incorrecta, a da webapp de subida de datos en galego. Mil desculpas. A ver se agora vai :)
http://www.globeatnight.org/gl/webapp/
Toda a info sobre GLOBE at Night en:
http://www.globeatnight.org/
Apertas!
salva
As cúpulas xeodésicas, son posibles, dinnos desde o IES de Brión
No IES de Brión traballouse hai un par de anos coa construcción dunha cúpula para a uso dun invernadoiro, nunha proposta do departamento de Debuxo, Bioloxía e Tecnoloxía. Aquí podedes ver a web do traballo.
http://aulasnarede.espazoweb.com/invernadoiro_xeodesico_no_ies_de_brion/
Rally sen Fronteiras de Ciencias e Matemáticas
IGACIENCIA (www.igaciencia.eu) convoca unha nova edición do Rally Matemático sen Fronteiras, e a I edición do Rally sen Fronteiras de Ciencias. Os principais obxectivos destes Rallyes son:
-Promover a Ciencia e as Matemáticas entre os estudantes.
-Demostrar que os temas de Ciencias e Matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos.
-Favorecer o traballo en equipo.
-Vivir as Ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.
Ano Internacional e galego da Estatistica 2013
Sgapeio infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística
O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".



