LETRA DAS FESTAS 2013
LETRA DAS FESTAS 2013
O San Froilán de hai 50 anos

LETRA DAS FESTAS 2013
O San Froilán de hai 50 anos

O día 13 de novembro, ás 19 horas, conferencia do arquitecto Senén Olano, profesor do IES Xoán Montes, sobre A xeometría na obra plástica de Senén Olano. Ver cartel adxunto
Na sala de exposicións da Deputación provincial de Lugo, dentro da Exposición Arte e Ciencia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.
Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.
Enviamos o pdf dun tríptico coa información máis relevante. Esta información irase actualizando na páxina web da Facultade:
EXPOSICIÓN : Viaxe pola Xeometría Cálida
Adxunto o poema e unha foto miña con Isaac no Instituto Galego de Información, diante dun tapiz deseñado por el. Grazas pola atención, bo traballo e un saúdo solidario coas causas de Isaac, Carmen Blanco.
ISAAC SI:
O HOME DA MEMORIA AMOROSA
A Isaac Díaz Pardo, que deseñou outra muralla para a mellor memoria de Lugo.
Nacera con ollos amorosos para mirar o mundo e as mulleres da rúa das Hortas. Non esqueceu nada.
Aquí tes o meu poema a Isaac e, como curiosidade, outro moi anterior que lle dediquei a un científico galego amigo seu, o xeólogo Isidro Parga Pondal. Saúde, ciencia e poesía.
COMPAÑEIRO ANCESTRAL ISAAC DÍAZ PARDO
Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo:
Escribo ao antigo Castro de Samoedo
sobre o unánime corpo dos galaicos,
outra vez cerámica escachada
a golpes de usura e desmemoria.
Escríboche como ti nos escribías,
Xa temos un dos libros claves para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego o 4 de novembro de 2013:
Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Editado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo.
Pronto teremos aquí algunhas das páxinas do libro. Mércao, o seu valor non ten prezo.
