O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo pon en marcha no mes de novembro un amplo programa para lle dar pulo ao IV Día da Ciencia en Galego cuxo lema “O dereito a gozar da Ciencia e da Arte en galego” reivindica as figuras de Bucky Fuller, Isaac Díaz Pardo e Florence Nightingale.
O globo de noite
Prezad@s tod@s,
O día 20 de xaneiro comezou a primeira fase da campaña "GLOBE at Night", o maior programa de ciencia cidadá a nivel mundial relacionado coa contaminación lumínica. A diferenza de edicións anteriores, en 2014 a campaña estará activa durante todos os meses do ano.