EXPOSICIÓN : Viaxe pola Xeometría Cálida
EXPOSICIÓN : Viaxe pola Xeometría Cálida
EXPOSICIÓN : Viaxe pola Xeometría Cálida
Adxunto o poema e unha foto miña con Isaac no Instituto Galego de Información, diante dun tapiz deseñado por el. Grazas pola atención, bo traballo e un saúdo solidario coas causas de Isaac, Carmen Blanco.
ISAAC SI:
O HOME DA MEMORIA AMOROSA
A Isaac Díaz Pardo, que deseñou outra muralla para a mellor memoria de Lugo.
Nacera con ollos amorosos para mirar o mundo e as mulleres da rúa das Hortas. Non esqueceu nada.
Aquí tes o meu poema a Isaac e, como curiosidade, outro moi anterior que lle dediquei a un científico galego amigo seu, o xeólogo Isidro Parga Pondal. Saúde, ciencia e poesía.
COMPAÑEIRO ANCESTRAL ISAAC DÍAZ PARDO
Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo:
Escribo ao antigo Castro de Samoedo
sobre o unánime corpo dos galaicos,
outra vez cerámica escachada
a golpes de usura e desmemoria.
Escríboche como ti nos escribías,
Xa temos un dos libros claves para celebrar o IV Día da Ciencia en Galego o 4 de novembro de 2013:
Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Editado pola Academia Real Isaac Díaz Pardo.
Pronto teremos aquí algunhas das páxinas do libro. Mércao, o seu valor non ten prezo.

No IV día da Ciencia en Galego que imos celebrar ao redor do día 4 de novembro de 2013, dedicada fundamentalmente á Arte e a Ciencia e á Estatística (estamos no Ano Internacional da Estatística), dedicámosllo ao arquitecto Richard Buckminster "Bucky" Fuller (lembraredes o fullereno do II dia da ciencia en Galego) , a Florence Nightingale e e o artista e científico galego, creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo.
No correo que vos enviei o pasado venres había unha ligazón incorrecta, a da webapp de subida de datos en galego. Mil desculpas. A ver se agora vai :)
http://www.globeatnight.org/gl/webapp/
Toda a info sobre GLOBE at Night en:
http://www.globeatnight.org/
Apertas!
salva
No IES de Brión traballouse hai un par de anos coa construcción dunha cúpula para a uso dun invernadoiro, nunha proposta do departamento de Debuxo, Bioloxía e Tecnoloxía. Aquí podedes ver a web do traballo.
http://aulasnarede.espazoweb.com/invernadoiro_xeodesico_no_ies_de_brion/
IGACIENCIA (www.igaciencia.eu) convoca unha nova edición do Rally Matemático sen Fronteiras, e a I edición do Rally sen Fronteiras de Ciencias. Os principais obxectivos destes Rallyes son:
-Promover a Ciencia e as Matemáticas entre os estudantes.
-Demostrar que os temas de Ciencias e Matemáticas non está reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos.
-Favorecer o traballo en equipo.
-Vivir as Ciencias valorando imaxinación, dinamismo e creatividade.
Sgapeio infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística
O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".
Imos facer unha cúpula ou domo e tomamos como modelo o descrito para a OSHWDEM 2012 en Coruña (ver a foto en páxinas anteriores). Como podemos facer iso?
Hai pezas, conectoras, que imos facer poñendo a proba a impresión colaborativa de pezas de plástico impresas por unha comunidade de impresoras 3D de open source. Se non localizamos esas impresoras podemos encargar as pezas.
O desafío comeza xa.
Imos con detalles:
Que imos facer?
Imos fabricar e montar colaborativamente:
• 2 dodecaedros, que vamos converter nunha cúpula xeodésica ou domo, ou, polo tanto,
Unha tensegridade de Kenneth Snelson diante do museo de ciencias de Baltimore
