Actividades nos centros
Cartaz dixital sobre María Wonenburger,
http://3cboboras.blogspot.com/2011/10/4-de-novembro-dia-da-ciencia.html
Cartaz dixital sobre María Wonenburger, cientifica galega homenaxeada no II Día da Ciencia en Galego. CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.
Xuvencos 2.0: 4 de novembro Día da Ciencia
3cboboras.blogspot.com
IES Fontiñas
1º Bacharelato Ciencias Socias, Ciencias para un mundo contemporáneo: ¿Que efectos ten a radioactividade sobre a saúde?
2ºBac. Bioloxía: Os glúcidos e os lípidos como fonte de enerxía
1ºBac. Bioloxiá e Xeoloxía: Funcionamiento do mecheiro de alcohol.
Departamento de Ciencias
IES "As Fontiñas"
A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10
A Facultade de Química convida aos Xefes de Deparamento de Física e Química de Galicia á conferencia do dia 10 de novembro.
O decano di que "O que si sería moi útil é invitar aos xefes de seminario ou profesores de Química de ensino medio que queiran, para que asistan á conferencia, que se impartirá na Facultade de Química o xoves día 10 ás oito da tarde."
http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/schrock.html
Servizo de Normalización Lingüística da USC
No enlace http://www.usc.es/snl/dinamiza/cienciaengalego.htm hai tamén outro cartel elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC no que se recollen as distintas actividades nos diferentes centros da Universidade.
Escola de Lago do CRA "Esquío" de Valdoviño
Queremos facer experimentos doados, baratos e divertidos para nenos de infantil e 1º de Primaria.
Temos elexidos varios sobre volcáns, con velas, de cociña, etc. A maioría son de química pero algún o faremos de física para que poidan entender a diferencia entre estas 2 ramas da ciencia.
Traballaremos tamén sobre as 2 científicas propostas para esas datas.
Entérate, a ciencia tamén é cultura
Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día! (Edublog participativo)
4 de novembro, día da ciencia en galego !!
O noso blog está escrito en galego para reivindicar a normalización da nosa lingua e combater os prexuízos e a marxinación á que a queren someter.
Videoconferencias e participación
Videoconferencias de Anxo Carracedo e da profesora Fraga Vila o día 4 para os centros que o soliciten, como xa se contou nestas páxinas
Participación
Converter cienciaengalego.org na primeira páxina web colaborativa galega elaborada entre centos de profesores e particulares amantes da ciencia e do galego de toda Galicia. Apúntate, solicita unha clave e participa escribindo en galego sobre a Ciencia, o seu ensino, experimentos, materiais en galego, as homenaxeadas, etc.
Actividades da Facultade de Ciencias de Lugo
Marcelino Maneiro cóntanos en facebook que na Facultade de Ciencias (Lugo, USC) vanse desenvolver distintas actividades na mañá do 4 de novembro:
- unha exposición de material bibliográfico científico en galego,
-a presentación do XXIV Congreso de ENCIGA,
-a presentación do libro "O nome e o símbolo de elementos químicos,
- o reparto do Vocabulario de Química galego-español-inglés e a
-visita aos novos laboratorios da Facultade.