Que facer o día 5 de Novembro

Para os amigos e amigas dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Tecnoloxía, Plástica, Galego e Matemáticas ou de Ciencias da Natureza, ademais de todos os interesados na Ciencia e no Galego:

Ciencia que conta 2012

Unha boa iniciativa para celebrar o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia (historias de ciencia, traballos científicos ou de laboratorios, experiencias, persoeiros científicos,...)

Pode participar alumnado de primaria, secundaria e público en xeral.
5º edición do Concurso de Relatos Ciencia que Conta

A cicloide

Pensa que curva describe un punto da roda dunha bicicleta cando se move en liña recta? Adiviñanza: Que parte dun tren pode ir na dirección oposta ao movemento dese mesmo tren?

A curva que vas estudar a continuación pode axudar a responder á esas dúas preguntas.

Galileo Galilei (Italia, 1564-1642) des­cubriu a cicloide en 1590. Pouco tempo despois a ponte de Mezzo sobre o río Arno, en Pisa, construíuse cun desefio baseado nesta curva.