Contido clasificado

O home de Vitrubio

O home de Vitrubio é un dos máis coñecidos deseños de Leonardo

Aquí o estudamos, cun applet Geogebra desde o punto de vista das proporcións do ser humano. De Qué número nos quere falar Leonardo neste debuxo?

Como se chama?

Incrible! O número PI na miña bici!

Breve relato da aparición do número pi na vida real

A meu irmán David e mais a min mólannos as bicis, por iso lles pedín aos
Reis Magos un chisme deses que serven para ver cantos quilómetros percorriches,
quen vai máis de présa...

Custoume averiguar que o nome do chisme é contaquilómetros, pero o máis incrible
ocorreunos cando intentamos instalalo na bici.

–Como mola Xabi! Agora poderemos presumir coma Alberte e saber que
distancia hai desde aquí ata o parque.

Así comeza o relato, para ver máis abre o ficheiro que se xunta Pi na bici

Escribe como Leonardo

Escribe como Leonardo

Sabes que para ler o que escribiu Leonardo precisamos a axuda dun espello?

Pois si. Escribía de dereita a esquerda e coas letras volteadas: escritura especular.

Día 5 de Novembro de 2012, III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

Pero o día 16 de Outubro de 2012, día da loita pola Ciencia e a Tecnoloxía galegas

Todos xuntos coas bicicletas, nos centros, ... para defender unha maneira non puramente abstracta e selectiva de aprender a ciencia e a tecnoloxía.

Hai quen entende a educación unicamente como un método de selección, de escoller, "aos mellores", os que mellor entenden a abstracción, como se ese fose un valor absoluto por riba da creatividade, da intelixencia emocional, dos resultados práticos e tecnolóxicos. Para iso aumentan as materias seleccionadoras, como fai o goberno.