I Día da Ciencia en Galego


Ciencia en Galego

 

Día da Ciencia en Galego o día 4 de novembro de 2010

Dedicado a Ramón María Aller Ulloa, Afonso X e a James Clerk Maxwell

Dous Matemáticos galegos (para coñecer a vida de Aller)

 Antecedentes

Documento e argumentos de AGAPEMA-IGACIENCIA

Documento e argumentos da Coordinadora

Inscribirse

En Facebook

Pedro Gerpe, Román Cerqueiro, Luisa V Segade, Paulino Estévez e Manuel Díaz Regueiro na Declaración do 4 de Novembro de 2010 como día da Ciencia en Galego

Desde Lalín propuxeron dedicarllo este ano a Ramón María Aller. Manuel propuxo, ademais, poñer sempre un científico universal, porque a Ciencia en Galego tamén ten que ser universal. Dedicarllo tamén a  Maxwell, concretamente, este ano. Paulino (Enciga) propoñía dedicarllo a un terceiro científico Universal, Afonso X, un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea. Os tres teñen a característica de ter cráter na Lúa, se ben o de Aller decaeu en 1990 por decisión da IAU (dándollo a Atwood). Pero en Galicia ben podemos chamarlle a ese cráter Aller-Atwood.

Luisa propón como actividade común en todos os centros galegos: os papaventos, construír, elevar un papaventos, estudar como  funcionan, e a historia dos papaventos.

 Farémolo o día 4 de Novembro pegada á Semana da Ciencia, xa que moitas actividades preparadas para a Semana da Ciencia podían estrearse e aproveitarse para a Semana da Ciencia en Galego.

Realmente o proposto é facer actividades divulgando a Ciencia,  fundamentalmente, as que os centros aporten; propoñemos unha actividade común o día da Ciencia en Galego: construír papaventos en cada centro, carteis e exposicións .

 Convocámosvos a facer textos sobre a vida de Ramón Aller, Afonso X e Maxwell, e crear actividades e poñelas na web do centro, a participar co papaventos, etc.

 Así, en principio AGAPEMA, ENCIGA, APETEGA, A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), IGACIENCIA, SGAPEIO coa Universidade da Coruña, A Universidade de Santiago, A Universidade de Vigo, o Instituto da Lingua Galega (ILG),  CIG-Ensino, STEG, Nova Escola Galega, AS-PG, A Mesa pola Normalización Lingüística, Cultura da Deputación de Lugo Normalización Lingüística da Deputación de A Coruña, A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Prolingua,, e moitas outras organizacións que estamos a espera de que se decidan a sumarse á proposta, convocamos  o día da Ciencia en Galego para o 4 de novembro de 2010.

 Lembrade pedir no centro a autorización correspondente do Consello Escolar

http://photopeach.com/album/f4576bfe256e643344da216181b4f43aa

Para saber todo dos Papaventos, Cometas, Kites  (a historia, construílos, mercalos)

Ofertas de actividades, ideas, etc..

O cartel Cartel en jpeg

Os Cráteres

Os libros para agasallar que propoñen as Editoriais Galegas para o día da Ciencia en Galego

 

 

 

 

 

Envía materiais e enderezos de ciencia en galego como este de Matemáticas para reflexalos na web

 

As nosas citas de Burke:

As malas leis son o peor tipo de tiranía.
Para que o mal triunfe só é necesario que os homes bos non fagan nada.
Cando os homes malvados se xuntan, é imprescindible a asociación dos bos, senón eles van caer un por un, nun sacrificio despiadado.

Edmund Burke (1729-1797) foi un filósofo e político irlandés, político Whig e estadista que a miúdo é considerado como o "pai" do conservadurismo moderno.

 

 Email  manuel arroba cienciaengalego.org