Fraseoloxía en galego

Submitted by dubert on

Cadernos de Fraseoloxía Galega (CFG)
é unha publicación anual do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en
Humanidades dirixida por Xesús Ferro Ruibal. Os obxectivos científicos da
revista son esencialmente tres: recoller e difundir fraseoloxía galega, publicar
traballos relacionados co ámbito fraseolóxico de calquera lingua e dar a
coñecer os eventos e publicacións máis importantes relacionados co dito ámbito.

Barbara McClintock

Submitted by admin on

Cando a comunidade científica desestimou o seu descubrimento por consideralo imposible, Barbara McClintock non malgastou enerxía discutindo; simplemente volveu ao seu millo e agardou trinta e cinco anos a que o mundo a alcanzase.


Barbara McClintock naceu en Hartford, Connecticut, en 1902. En 1919, aos dezasete anos, matriculouse na Universidade Cornell.

Menus

Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022

Submitted by admin on

O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.

Como o aforo é limitado podes inscribir unha clase túa para asistir en igaciencia.eu

O lugar, Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo