O patrimonio cultural europeo: a ciencia europea e a cultura galega

Submitted by admin on

No ano 2018 propoñemos as ideas seguintes:

O patrimonio cultural europeo
Desde Igaciencia promovemos o ano do patrimonio cultural europeo, facendo espececial incidencia na cultura científica  e na cultura galega como patrimonio cultural europeo. Propoñemos a Arquímedes como científico europeo.

Incrible! O número PI na miña bici!

Breve relato da aparición do número pi na vida real

A meu irmán David e mais a min mólannos as bicis, por iso lles pedín aos
Reis Magos un chisme deses que serven para ver cantos quilómetros percorriches,
quen vai máis de présa...

Custoume averiguar que o nome do chisme é contaquilómetros, pero o máis incrible
ocorreunos cando intentamos instalalo na bici.

–Como mola Xabi! Agora poderemos presumir coma Alberte e saber que
distancia hai desde aquí ata o parque.

Así comeza o relato, para ver máis abre o ficheiro que se xunta Pi na bici

IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONO LÚDICO

Achegamos, con rogo de divulgación, información sobre o IV CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONO LÚDICO, que se celebrará na Illa de Arousa e que está centrado especialmente nos xogos tradicionais da costa. O curso conta coa homologación oficial da Consellería de Educación a todos os efectos. Entre outras actividades, os asistentes aprenderán a navegar, con integrantes da Asociación Cultural Dorna, en embarcacións tradicionais, entre elas a propia dorna. As prazas son limitadas.